3 de mayo de 2017

ACIC: Aprendizaxe Cooperativa, Interactiva e Creativa

MOTIVOS DE SOLICITUDE:
1.- Continuar co uso de dispositivos móbiles como ferramentas de aprendizaxe creativa en equipos de traballo cooperativo (6º).
2.- Fomentar o uso dos iPads entre o resto do profesorado, comprobando as súas posibilidades para o desenvolvemento da lectoescritura durante o tempo dedicado ao Proxecto Lector (2º).
3.- Descubrir as posibilidades creativas de aplicacións dos iPads, mellorando a capacidade de comunicación do alumnado (2º e 6º).
4.- Atender á diversidade do alumnado co gallo de implicar a tod@s e, en especial, a aquel con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (2º e 6º).

PROCESO DE DESEÑO:
1.- Configurar os iPADS para aforrar tempos, descargando as aplicacións citadas: ChatterPix + iMovie, PuppetPals e FotoComicBubbles + Poto.
2.- Elaborar creacións finais de exemplo para cada tarefa para visualizar na PDI e motivar ao alumnado sobre o que poden facer.
3.- Publicar na aula virtual (Edmodo) as creacións finais de cada grupo, puidendo elaborar outras na casa para @s que teñen iPads propios (6º).

POSTA EN PRÁCTICA:
1.- Explicación das tarefas a realizar e aplicacións a empregar, facendo uso do meu iPad conectado á PDI.
2.- Recollida, coidado e entrega dun iPAD por equipo, a cargo daquel/a alumn@ encargad@ do material nese momento.
3.- Realización das creacións por equipos e posterior recompilación de todas nun mesmo iPad para a súa montaxe (ChatterPix).

IMPRESIÓNS:
1.- Materiais: aplicacións con certas limitacións (ChatterPix polo pouca funcionalidade e PuppetPals por ter poucos escenarios e personaxes).
2.- Proceso de ensino-aprendizaxe: mellora das competencias clave, sobre a todo a Dixital, ademais da Competencia en Comunicación Lingüística (expresáronse oralmente e por escrito) e a Competencia Aprender a Aprender (autonomía e creatividade nas creacións propias).

3.- Práctica docente e programación didáctica: A miña intervención educativa enriqueceuse co uso de novas aplicacións, perfectamente encaixadas cos contidos recollidos na programación do curso (6º). Por outra banda, máis profesorado animouse a participar no tempo do Proxecto Lector, aproveitando a miña disponibilidade para axudar e supervisar o uso dos equipos (2º).

Manuel Díaz Congil
CEIP Lope de Vega

Contahistorias no Lope


CONTEXTUALIZACIÓN: CEIP Lope de Vega (Vigo), alumnado de 2º e 6º de Primaria.

APLICACIÓNS EMPREGADAS: Por ter unha creación final, saliéntanse  ChatterPix + iMovie, PuppetPals e FotoComicBubbles + Poto.

RELACIÓN CO CURRÍCULO:
1.- Desenvolvemento das 7 competencias clave.
2.- Contribución ó logro dos obxectivos de etapa:
b) Traballo individual e de equipo.
c) Resolución pacífica de conflitos.
e) Coñecemento e uso das Linguas.
i) Utilización das TICS.
j) Creación de propostas visuais e audiovisuais.
3.- Traballo de contidos propios das áreas de Linguas, Matemáticas e Ciencias.

PROCESO DA ACTIVIDADE:
1.- “Videoconto no Lope”: ChatterPix + iMovie (2º curso). Dentro dos grupos de traballo, por parellas, foron lendo páxinas do conto “O zoo de Xaquín” e sendo gravadas a través da aplicación ChatterPix, ademais de sacar fotos das mesmas nas que marcaban cos dedos a parte do corpo dos personaxes que querían que se movera. Ao final do proceso, reunimos todas as gravacións nunha mesma tablet por medio de AirDrop. Seleccionámolas todas dende a aplicación iMovie para montar o videoconto final.
2.- ”Videorelato no Lope”: PuppetPals (6º curso). En equipos cooperativos, escollen entre todos un relato breve para seren gravado a través da aplicación PuppetPals. Nela escollen os fondos de pantalla que precisan para os actos, asemade para os personaxes.
3.- “Fotocómic no Lope”: FotoComicBubbles + Poto (6º curso): Tamén por equipos e cunha tablet, tomaron fotos deles mesmos co dispositivo nunha situación cotiá na aula para crear un cómic. Posteriormente abriron as fotos na aplicación FotoComicBubbles e foron insertando globos con diálogos. Ao final, fixeron un collage con todas as fotos coa aplicación Poto, ordenándoas como se dun cómic se tratase.

RESULTADO FINAL:





A continuación está a proba do fotocómic:



Manuel Díaz Congil
CEIP Lope de Vega