A oportunidade
que se expuso no noso centro, dende o meu punto de vista, foi moi positiva.
Eu, persoalmente levo xa un tempo metida no uso dos dispositivos; o principal
problema que nos atopamos nos centros é a formación que posúen os Mestres. Este
motivo é unha das razón con máis peso a hora de rexeitar este material, posto que este tipo de recurso evoluciona moi
rápido, deixándote obsoleto nun curto espazo de tempo . Considero que logo de
realizar esta experiencia no meu centro a actitude dos meus compañeiros ante o
uso dos Ipads cambiou considerablemente,
vendo os dispositivos móbiles como algo doado e moi motivador por parte dos
rapaces.
É certo que
sentirse arroupados nas aulas por outra persoa que coñeza o seu funcionamento e
saiba resolver as dúbidas que poidan xurdir facilita o traballo , pero creo que
este detalle é o comezo, para poder deixar fora
certas opinións ou medos
Os pequenos
obradoiros que montamos nos recreos e horas de lectura para os cursos de 2º e
3º ciclo foron moi concorridos, a miña intención era aportar aos nenos algunha
ferramenta para que aqueles que tiveran en casa unha tablet puideran ver que
hai máis Apps diferentes a xogos, cas que nos podemos pasalo ben e realmente o
seu obxectivo foi conseguido e deixar no blogue da biblioteca guías para
aquelas persoas que estiveran interesadas en empregar App tiveran un punto de
partida.
http://librincios.blogspot.com.es/
Seguro que
volveremos a acudir a este recurso nun futuro , posto que a experiencia deixou
con ganas de máis tanto a maiores como a cativos
Este artigo foi elaborado por Ana Pérez en maio de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario