15 de febrero de 2017

Experiencia en 3º de primaria

Os alumnos de 3º traballaron ca banda deseñada empregando a App

A actividade comezou creando unha pequena secuencia narrativa en grupo de 2-3 rapaces. A historia tiña que ter polo menos 4 viñetas. Unha vez que tiñan a línea narrativa puxéronse a facer as fotos cos Ipads e cando tiveron rematado esta tarefa puxéronse a crear o comic coa App

Obxectivos que se intentaron traballar con esta actividade:
- Potenciar o traballo en equipo
- Desenrolar a creatividade
- Potenciar habilidades da comunicación escrita coas habilidades plásticas creando historias sinxelas


Aquí  vos deixamos as nosas creacións:










Obradoiros con 2º e 3º de primaria

Ao longo da semana que tivemos os ipads no centro, nos recreos e nas horas de lectura, según o meu horario organicei unha serie de obradoiros para os alumnos do 2º e 3º ciclo de primaria.
Esto foi o que fixemos:


 Debuxar co Ipad (App Pics Art)



  Facer formas con Palabras (App Image Chef)


Facer de publicistas (Pic Collage)





O obxectivo que tiñan estes obradoiros eran que aqueles rapaces que teñen tablets ou ipads en casa saiban que con eles non só se pode xogar senón que tamén poden pasalo xenial facendo traballos moi creativos cos cales podemos adornar os nosos proxectos, libretas, diarios
A afluencia a estes obradoiros foi moi elevada e sobre todo as ganas de ter máis no futuro fai visible que este é o camiño do futuro posto que a motivación que eles demostran ante este medio e innata e perfecta para intentar mellorar en aqueles aspectos que precisan algunha axuda.








A experiencia nos deixou con ganas

A oportunidade que se expuso no noso centro, dende o meu punto de vista, foi moi positiva. Eu, persoalmente levo xa un tempo metida no uso dos dispositivos; o principal problema que nos atopamos nos centros é a formación que posúen os Mestres. Este motivo é unha das razón con máis peso a hora de rexeitar este material,  posto que este tipo de recurso evoluciona moi rápido, deixándote obsoleto nun curto espazo de tempo . Considero que logo de realizar esta experiencia no meu centro a actitude dos meus compañeiros ante o uso dos Ipads cambiou  considerablemente, vendo os dispositivos móbiles como algo doado e moi motivador por parte dos rapaces.
É certo que sentirse arroupados nas aulas por outra persoa que coñeza o seu funcionamento e saiba resolver as dúbidas que poidan xurdir facilita o traballo , pero creo que este detalle é o comezo, para poder deixar fora  certas opinións ou medos
Os pequenos obradoiros que montamos nos recreos e horas de lectura para os cursos de 2º e 3º ciclo foron moi concorridos, a miña intención era aportar aos nenos algunha ferramenta para que aqueles que tiveran en casa unha tablet puideran ver que hai máis Apps diferentes a xogos, cas que nos podemos pasalo ben e realmente o seu obxectivo foi conseguido e deixar no blogue da biblioteca guías para aquelas persoas que estiveran interesadas en empregar App tiveran un punto de partida.

http://librincios.blogspot.com.es/

Seguro que volveremos a acudir a este recurso nun futuro , posto que a experiencia deixou con ganas de máis tanto a maiores como a cativos


Este artigo foi elaborado por Ana Pérez en maio de 2016

14 de febrero de 2017

Gymkana cooperativa



Cos alumnos de 5 anos realicei unha pequena gymkana onde empregaron estructuras de traballo cooperativo e o uso do ipad para traballar o as prantas. 
Con motivo do proxecto Voz Natura, este ano polo centro hai pequenos xardíns con diferentes prantas e flores, o obxectivo da actividade era recoñer algunha dos xardíns que nos atopamos no colexio, coñecer a planta, os seus coidados… 
Para ver o desenvolvemento da actividade aiquí vos deixo un pequeno video:

Traballamos con códigos QR from Ana Pérez on Vimeo.


Creamos contos con Creatales

Fai uns días, con motivo do día do libro no meu colexio o  Ceip Serra Vincios tivemos a oportunidade de ter nas nosas aulas 6 Ipads e organizar unha serie de actividades para iniciar aos alumnos e aos mestres no emprego dos dispositivos móbiles na rutina diaria.

Previa chegada dos Ipads ao centro, dende o equipoTIC, e en colaboración ca biblioteca propuxemos centrar as actividades, que propoñiamos aos compañeiros, en crear historias a través de contos ou banda deseñada.
Como os mestres non tiñan moita experiencia con estes dispositivos, eu programei unha serie de sesións dentro da coordinación Tic e  gardas, cos rapaces e os Mestres dos diferentes cursos.
Nun primeiro momento explicamos como funcionaba a App e logo empezaron a crear historias facendo posible que tanto nenos como maiores coñeceran o seu funcionamento.

A maioría dos cursos de primaria empregaron a App Creatales , o seu funcionamento é moi sinxelo e intuitivo e as posibilidades que nos brindan son numerosas
Dependeu do curso o plantexamento da actividade era máis ou menos dirixido
No primeiro ciclo de primaria consistiu en crear pequenas escenas onde os personaxes clásicos eran os protagonistas e eles intentaban representar algún momento da historia.
Con esta App foi moi doado que os rapaces déranse conta de aspectos moi importantes que atopamos nos contos como son: o Autor, as Personaxes, o Título…

 Foi a  partir de terceiro onde o traballo tivo especial relevancia, os obxectivos que nos propuxemos a partir deste nivel foron os seguintes:
-          Comprender e empregar a estrutura narrativa:plantexamento, nó e desenlace
-          Coñecer e usar os principais signos de puntuación
-          Valorar o traballo propio e o dos compañeiros
-          Sentirse parte do grupo e respectar as diferentes opinión como forma para o enriquecemento mutuo

Propúsoxe unha actividade que resultou moi divertida : crear diferentes finais o conto clásico de carapuchiña vermella, aquí vos deixamos algúns deles





13 de febrero de 2017

Libro de pareados en infantil

Os nenos de infantil elaboraron un pequeno libro de pareados que crearon, 
editaron e ilustraron de maneira conxunta as tres aulas do ciclo. 
Tratouse dun traballo colaborativo e moi interesante. 
Iniciamos este pequeno proxecto levando a aula libros de RA 
que eles puideron manipular e xogar cas súas actividades

Logo crearon eles rimas 
a partir de palabras relacionadas co proxecto dos “Científicos”
 unha vez que tiñan os pareados transcribímolos
 e posteriormente comezamos a ilustrar as páxinas.


Unha ve feito todo este traballo, gravamos os nosos pequenos poemas e pareados ca App AutoRap;


Enlace de descarga premendo na imaxe


Esta App axudounos gravar rimas un pouco más complexas e longas por parte dos alumnos de 3 e 4 anos, con ela cada neno ou parella tiña que dicir unha parte do poema tendo ao final un gran poema colectivo. Cos alumnos de 5 anos gravámos os seus pareados  ca aplicación de cámara do Ipad Imovie.
Unha vez feito todo isto enlazamos as páxinas a un video a través da App Aurasma, creando o noso propio libro de Realidade Aumentada que logo ao final de curso cada neno levará a súa casa


A lupa from Ana Pérez on Vimeo.
O científico from Ana Pérez on Vimeo.

10 de febrero de 2017

As tablets chegaron á escola


O día  12 de Decembro a profe de Ciencias chegou á nosa clase (5ºA) cunha maleta. Cal foi a nosa sorpresa, cando de dentro sacou 5 tablets. A profe explicounos que iamos traballar con elas en clase, pero claro, eran 5 as tablets e nós 21.

Que iamos facer? Como nos iamos organizar?

Para a nosa sorpresa, non foi eso o que nos preguntou a profe. A súa pregunta foi: "Que credes vós que podemos facer con estas tablets na clase de ciencias? Como as podemos utilizar? Seremos quen de darlle alguna utilidade?" – e tamén- "Cantos tedes ordenador, tablet, portátil, … na casa?", "Cantos podedes utilizar esos equipos?", "Que facedes cando os utilizades?, "Que aplicacións ou programas usades?". Vamos una enquisa en toda regra.




E despois de pensar un pouquiño, ….. "INVESTIGAR" – Foi a nosa resposta. Que é o que máis e mellor facemos. Na aula, nos libros da nosa biblioteca científica , na aula de informática, por que non temos ordenador na aula, …
Algúns tamén dixeron: "Utilizalas nos recunchos" "Nos traballos en equipo", … e outros: "Para xogar, que tamén hai xogos científicos".



Vamos, que de repente tiñamos unha chea de posibilidades diante nosa e moi pouco tempo para levalas a cabo. Pero, ...poderemos levar a cabo todo esto?



Despois de valorar as infinitas posibilidades dos recursos que tiñamos nas nosas mans, vendo o escaso tempo de que dispuñamos, o momento do trimestre (final) e a inexperiencia co material, decidimos orientar o traballo coas tablets básicamente á búsqueda información, traballo en rede, xogos de repaso, …
  • Comezamos por complementar a investigación sobre a webquest que estábamos a realizar: Os Ecosistemas.
  • Continuamos co traballo de edición e búsqueda de información científica e novas para o noso blog: O noso recuncho da Ciencia
  • Para rematar con xogos de repaso dos temas traballados durante o trimestre coa aplicación Kahoot.

As tablets chegaron á escola 2 - valoración


A nosa Valoración?
Levamos moitos anos oíndo falar dos "nativos dixitais", o currículo incide unha e outra vez na necesidade de usar as novas tecnoloxías para preparar aos nosos nenos para a sociedade na que vivimos: Búsqueda, selección, organización información na rede; Tratamento de textos; Acceso información científica na rede; Estratexias acceso e traballo na rede; Recursos novas tecnoloxías; … Pero, a realidade, moitas veces non nos acompaña.  Si, temos móbiles, tablets, pc´s, portátiles, …. Sin embargo, en moitas ocasións faise un mal uso destos dispositivos, non se acompaña con un mínimo mantemento, falta formación e información con respecto as posibilidades escolares, responsabilidade no uso, falta de acceso, …
O certo é que despois de facer unha pequena enquisa entre os alumnos e alumnas, comprobamos que eran menos da metade os nenos e nenas que podían tódolos días usar os seus equipos na casa (os que os tiñan). Deles, algúns, con dificultades, pois esos equipos non estaban en condicións: actualizacións, …
Pero, e os demais? Na casa non hai recursos tecnolóxicos, ou non orientados ao traballo escolar, no centro nin ordenador temos na aula, son mil traballos e mil dificultades para poder utilizar uns recursos que deberían facilitarnos a nosa labor docente.
Que dicir entón?
Foi unha experiencia altamente motivadora. Os nenos e nenas descubriron que as tablets non só sirven para xogar e aínda que non traballamos con apps concretas, si que fixemos un traballo exhaustivo ao redor das ciencias de forma moi lúdica.
Esperamos agora poder coñecer polo miudo algunhas desas apps tan interesantes das que falan os compañeiros nos seus artigos.


Moitas Grazas polo préstamo do material!
Moitas Grazas por compartir as vosas experiencias!
Un saúdo!


Amparo Otero Pastoriza
Ceip Santo Paio de Abaixo (Redondela)