ARTIGO
2. REFLEXIÓN
A
idea de utilizar as tablets na aula foi principalmente para traballar
determinados aspectos musicais dunha forma nova, distinta e ao mesmo tempo
motivadora para o alumnado. Non é habitual traballar con tablets na aula no
noso centro e esta foi a primeira vez que realizamos esta experiencia e de
seguro que repetiremos xa que resultou moi positiva, innovadora e motivadora
para o alumnado que participou nesta actividade. Desta meneira, alumnos que
normalmente amósanse pouco motivados e participativos nalgunhas clases,
sentíronse enganchados dende o primeiro momento e o resultado final que
acadaron na súa actividade foi máis satisfactoria do que nun principio se agardaba.
Esta
tamén foi unha moi boa ocasión para ofrecerlles un enfoque distinto das
tablets, xa que utilizamos esta actividade para traballar o uso responsable dos
dispositivos móbiles e o reflexionar sobre o consumo que fan deste tipo de
dispositivos.
A
posta en práctica foi moi boa xa que non houbo ningún tipo de problema técnico
de conexión, fallos nas aplicacións… polo que o seu traballo dentro da
aplicación foi intenso logo da breve explicación do funcionamento básico.
En
liñas xerais, en resumo, foi unha actividade moi positiva, motivadora e
innovadora para o alumnado xa que desenvolveron a súa creatividade musical a
través de aplicacións en dispositivos móbiles.
Miguel Otero
CEIP Outeiro das Penas - Cesantes (Redondela)