Temos
a gran sorte de que na nosa escola as cousas que pasan en moitos
países do mundo resúltannos significativas.
A
EEI Hernán Cortés sitúase no centro da cidade de Vigo e,
actualmente, conta cunha porcentaxe aproximada do 76% de familias de
orixe estranxeira. Ao non ter ratio completa ao longo do curso
recibimos constantemente novos compañeiros e compañeiras. A pesar
de que moitos xa son nacidos en España, os países de orixe das
familias condicionan a vida destes nenos e nenas, e iso reflíctese
directamente nas conversas, asembleas, intereses, etc.
No
mes de setembro do pasado ano 2015, un terremoto sacudiu Chile. Alba,
de catro anos, contounos que por sorte o seu pai e a súa familia
estaban ben. No medio desa conversa, decateime de que algúns alumnos
e alumnas confundían os terremotos con volcáns. Foi entón cando
formulei a pregunta que, aínda que teño que recoñecer que non tiña
moitas expectativas, deu orixe a un dos proxectos mais gratificantes
que levei ao cabo: Que tal se investigamos sobre os volcáns?
Iniciámonos
na aprendizaxe baseada no pensamento (ABP), realizamos experimentos,
traballamos de xeito cooperativo, e, co fin de tocar o máximo de
competencias clave, fixemos un obradoiro de realidade aumentada no
que podiamos converter un debuxo nun volcán en erupción. O traballo
coa tablet foi o complemento perfecto para as outras metodoloxías.
Sen dúbida repetiremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario