17 de diciembre de 2015

A miña experiencia de aula coas tabletas e o universo.

 Son a titora da clase de 2º do CEIP Santiago de Oliveira.
Iste curso dúas das titoras participamos nun grupo de traballo coordinadas polo CFR de Vigo, máis concretamente por Ana Mariño, mentres iamos aprendendo un montón de cousas surxiu a idea da tarefa final do noso traballo, e eleximos facer un libro sobre O UNIVERSO. A experiencia no grupo de traballo foi moi gratificante , voume cinxir ó traballo feito na miña aula, aínda que recomendo unha visita ó blogue que fixemos entre todas para ver o que fixeron as compañeiras .

Na nosa clase traballamos o tema dende distintos enfoques, ademais da área de coñecemento estamos traballando tamén na área de língua e potenciando a nosa imaxinación . Comezamos cunha nova do xornal escolar da Voz de Galicia: Chegou a hora de falar con extraterrestres? que nos deu moitísmo xogo e deu lugar á que voase a nosa imaxinación especulando sobre o tema.


Dando lugar a un amplo debate sobre se cremos que existen os extraterrestres, ou no seu caso vida noutros planetas ( e tamén falamos moito sobre a existencia de auga noutros planetas.. microorganismos..).. sometemos o tema á votación, e o resultado é o que podedes observar na imaxe...

Deixamos voar a nosa imaxinación:   Se foses unha científica ou científico e tivese que enviar unha mensaxe ó espazo que escribirías? Acó tedes algunhas respostas


Despois trocamos os papeis  e démoslle a volta á tortilla..  e a pregunta foi  a seguinte: se tiveses que explicar a un terrícola como é o teu planeta... como o farías...

E tivemos respostas do máis orixinal, planetas onde había miles de cores, formas e tamén moi doces nos que todo absolutamente todo eran lambetadas...


Mentres traballabamos o tema pasou algo que nos chamou moitísimo a atención:  A ECLIPSE, e investigamos moito, miramos artigos de prensa e aprendimos como debíamos observar a eclipse, porqué ocorría e tamén cando sería a próxima... acó vos queda un link ó noso blogue de aula para que vexades canto investigamos sobre a ECLIPSE DO 20 DE MARZO.  

E tamén fixemos o noso libro do universo entre as clases de 1º e 2º que foi a tarefa final do noso grupo de traballo. A copia en "papel" xa está rexistrada na biblioteca do noso centro para o préstamo e un montón de nenos e nenas impacientes por levalo á casa e ensinarllo ás súas familias. Para buscar a información utilizamos, tablet, ordenador, libros, diccionarios, preguntamos, enquisamos..
No noso blogue de aula,  temos unha categoría UNIVERSO na que iremos poñendo todo o relacionado co tema.

Para celebrar os 25 años do lanzamento do telescopio espacial Hubble, a banda granadina Lori Meyers grabou un tema en exclusiva para National Geographic Channel titulado Telescopio Hubble, que xa ten un videoclip!!! E mirámolo hoxe en clase, gustounos moooito moitooo!!



Apps que utilizamos:




Ben, penso que ata o momento so nomeei a APP AUTO RAP, que penso que foi o éxito máis grande na miña aula, porque lles encantou o feito de escoitarse, e logo de poder ser uns "dj" ó uso .. Cando tiñamos o tema algo dominado, fixemos un rap coa APP AUTORAP que tanto nos gusta, coas cousas que máis nos chamaron a atención sobre a temática. O NOSO RAP DO UNIVERSO.:  Lúa lúa. 



Pero utilizamos máis APPs, gustoulles especialmente BAMBOO PAPER , xa que o utilizamos para crear as nosas propias composicións do universo, saíndo unhas obras de artes espectaculares, partindo da base dalgunha imaxe do espazo .



Penso que a segunda aplicación que máis lles gustou foi Toontastic , porque crearon unhas historias aeroespaciais que daban medo. Ademais o feito de poder poñer o título, os autores e que parecese unha película de "verdade" encantoulles. 
Por outra banda a evolución con iste programa foi espectacular, ó comezo non foron conscientes de que os "bonecos" se podían mover e simplemente escollían fondo e persoaxe e falaban, pero despois de experimentar déronse conta de que os bonecos podían ter movemento, que había "ruidos" siderais, que podían escoller músicas distintas para cada escea, remataron facendo un "story board" para ter claro como dividirse o traballo . Istas historias fixéronas en pequeno grupo porque obviamente os 21 a un tempo era un pouco inviable. É unha aplicación de pago, pero realmente realmente merece a pena, por todo o que se pode facer con ela.


Outra das APPs que tamén inspeccionamos foi Thinglink , buscamos unha imaxe do universo que nos gustou, e comezamos a escribir oracións relacionadas, coma que a lúa é un satélite, o sol é unha estrela, o nome dos planetas, despois descubrimos que tamén podíamos asociar imaxes, e ai! cando nos demos conta que igualmente cos vídeos. Acó tiven un erro de novata: non creei unha conta propia de thinglink e agora o material elaborado perdeuse na rede, pero a experiencia foi ben interesante.

Outra das aplicacións que tamén utilizamos para o proxecto foi  Visual Poetry - Word Collage. Con ela fixemos nubes de palabras relacionadas co universo, fomos aportando ideas, cousas que nos viñan á cabeza e xuntámolas. Personalmente son máis fan de Tagxedo.

E bueno outras aplicacións que utilizamos son e ChatterPix KidsSock Puppets ista última fascinoulles igualmente, pero como eran tantos tivemos que facer pequenos grupos, elexir os fondos, vestiario, persoaxes e era complicado que aguantasen a non falar todos e todas a un tempo así que ó final fixemos quendas, e partíanse cando escoitaban as súas voces distorsionadas.

Unha das compañeiras, Isabel , creou un symbaloo con todo o material que fomos atopando sobre o universo, que non foi pouco, acó vos queda, por se pode ser útil.UNIVERSO 




APRENDERON UN MONTÓN E DIVERTÍRONSE MOITO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario