14 de julio de 2015

TICs sí, pero con medios.

 Durante o presente curso, impartíronse no noso centro distintas sesións de formación relacionadas coas TIC, entre elas, varias adicadas ao manexo das tablets e as súas posibles aplicacións na aula. A profesora poñente, coñecedora do traballo que viñamos realizando nos cursos anteriores, instounos a solicitar o material que o CFR pon a disposición do profesorado.
O proceso de deseño da actividade non variou demasiado respecto ao posto en práctica nos últimos anos, agás pola necesidade do profesor de familiarizarse previamente co manexo das propias tablets e das aplicacións que ían ser empregadas polos alumnos.
Na posta en práctica da actividade destacaríamos as vantaxes sobre os inconvintes. Entre estas sinalaríamos:


  1. A fascinación que os alumnos sinten cara a tecnoloxía que se convirte nun nada desdeñable plus de motivación.
  2. As prestacións das aplicacións utilizadas respecto aos medios máis tradicionais ( cámaras fotográficas, programas de edición de video menos específicos, etc) que viñamos empregando en cursos anteriores. Sinalaríamos entre outros o feito de non ter que montar manualmente os fotogramas ou a posibilidade de visualizar o fotograma anterior en forma de velo sobre a imaxe que se vai tomar a continuación.
  3. A inmediatez e o aforro de tempo que implica o uso das tablets.
    Polo que se refire aos inconvintes, destacaríamos:
  1. Precisamente a inmediatez que conleva o uso das aplicacións, ao facer innecesario que o alumno participe en cada fase do proceso, tamén impide certas tomas de decisión que sí eran posibles ao traballar de xeito máis "artesanal". Poe exemplo, a aplicación non permite variar o tempo de duración de cada fotograma de forma individual.
  2. Como sempre sucede nos centros educativos, o éxito no uso das tecnoloxías está comprometido pola fiabilidade da conexión a Internet que estes poidan ofrecer. No noso caso, por exemplo, a non disposición dunha rede Wi-Fi na aula de Plástica, obrigoume a transportar en varias ocasións todas as tablets ata o meu domicilio para poder descargar os distintos arquivos de cada unha delas. Desta maneira, unha ferramenta pensada para aforrar traballo e tempo, supón ás veces un maior custo tanto nun coma noutro.
  3. Finalmente tanto o número de tablets recibido coma o tempo de préstamo reveláronse insuficientes. Nun dos cursos, por exemplo, formáronse ata 8 grupos, polo que dous, os últimos en rematar os decorados, tiveran que realizar o traballo utilizando os seus propios móviles. Por outra banda, a existencia dun prazo de devolución dos dispositivos obrigou a algúns grupos a rematar de forma forzada o seu traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario