24 de junio de 2015

Unha maneira nova de aprender e traballar en grupo.


Este é o segundo ano que participo en cursos do CEFORE de Vigo, relacionado con ferramentas colaborativas na aula. Aquí tiven o meu primeiro contacto coas tablets e os seus usos na aula.
Fai tempo que levo buscando un camiño novo para aplicar na clase, algo que sexa motivante, cercano os nosos alumnos, pero que o mesmo tempo faga que aprendan. O uso das tablets parecía que podía cumprir con estas expectativas. Necesitaba probar na aula o que aprendera nos cursos feitos.
O saber que o CEFORE ofrecía o préstamo das tablets, para poder traballar na aula, vin a luz para iniciar esta aventura.
O primeiro foi facerme eu cunha tablet propia para coñecer máis profundamente o seu uso. Logo pensei en actividades que quería facer cos alumnos/-as e que aplicacións dos cursos do CEFORE  me podían valer.
Por último solicitar o préstamo das tablets e comezar así esta aventura.
Durante todo o fin de semana programei as tarefas que lles ía a propoñer e as actividades que debían facer para realizalas . Algunhas das tarefas eran crear vídeos de: 
  • presentación dos equipos
  • dunha historia no patio
  • dun poema elaborado por todo o equipo
  • con problemas inventados, da recollida de información dun cadro
  • cunha norma ortográfica
  • dos sentimentos 
  • e outros que non foron posibles realizar por falta de tempo.
Pensei que apps utilizar: imagechef, Notegraphy, Typic kids, imovie, bamboo, Capdislite, comic book, garageband, chrome, doceri

Organicei as actividades para comezar o martes.
O luns pola tarde recollo as tablets e atópome co primeiro inconveniente. Supoñía que as tablets tiñan descargadas as aplicacións que se usaran nos cursos para profesores, pero non tiñan ningunha aplicación. Así que necesito poñer apunto 6 tablets coas aplicacións que pensaba usar esa noite, para telas preparadas para o día seguinte, xa que quería empezar a traballar con elas porque o tempo corría na miña contra e tiñamos que devolvelas.
Pero tampouco contaba co problema de telefónica, internet vai mal e o día seguinte algunhas aplicacións, que quería usar, non conseguiran descargarse completamente. Así que teño que modificar a orde dos traballos programados.
Comezamos realizando actividades de diferentes tarefas, como lles dicía a eles "Estamos preparando os ingredientes para logo facer un bo plato".

O terceiro e derradeiro inconveniente era que todos os traballos que ían facendo, debían envialos o blog da clase. Pero as tablets non lles permitían facelo. En tódolos equipos aparecían problemas e era unha locura. Púxeme en contacto coa asesora do CEFORE e díxome a solución. As tablets tampouco tiñan unha conta de correo asociada e polo tanto había que creala para que puideran facelo. Así que o primeiro día foi desesperante. Esa tarde noite preparei de novo todos os dispositivos para ver se por fin conseguía que todo funcionase. 

O seguinte día todo cambiou, coas tablets postas case a punto (xa que algunhas aplicacións aínda non se descargaran completamente) todo volvía a normalidade. 

Así que a partir de aquí chegan todas as miñas sorpresas:
  1. A primeira ver a facilidade con que os nenos aprenden o funcionamento de calquera aplicación. Ata as que en principio poden parecer non tan sinxelas, como imovie que pensei que lles costaría usala, pero encantoulles. 
  2. A segunda é ver, como todos estes días, sempre estaban motivados ante calquera actividade proposta. Pola mañá cando chegaban dicían "Ola profe, que sorpresa nos tes preparada hoxe". Para eles a sorpresa era coñecer o funcionamento das apps e conseguir crear cousas propias con elas. 
  3. A terceira ver como a maioría son capaces de recoller información por eles mesmos para realizar un traballo. 
  4. A cuarta ver que as tablets é un bo sistema para poder facer traballos en equipo. 
  5. A quinta que o que máis lles gusta e elaborar proxectos de vídeos. 
  6. Por último, ver como aprendían a traballar en grupo, cumprindo as normas establecidas previamente (isto foi o máis difícil).
Como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixo unha mostra do proceso realizado polos seis equipos durante a primeira semana de traballo coas tablets neste curso de 3º de E.P.

Actividades realizadas polo alumnado 3º do CPR Casa de la Virgen de Cangas

Esta actividade realizouse cos alumnos de 3º de E.P. do colexio "Casa de la Virgen de Cangas".
O primeiro foi organizar os equipos de traballo. Distribuín a clase en 6 equipos, cinco de 4 e un de 5. Procurei que en cada equipo houbera alumnos con diferentes capacidades. Expliqueilles que cada membro do equipo ía ter unha función e estas tiñan que rotarse cada día. Estas eran as funcións: 
  • Responsable ou secretario
  • Coordinador das Actividades
  • Encargado do silencio e da quenda de palabra
  • Encargado do material e da Orden do grupo
  • controlador do tempo e animador (estas dúas últimas se o equipo era de 4 o realizaba a mesma persoa).
Esta primeira tarefa coas tablets tiña como fin intentar cohexionar  cada grupo. 

As competencias traballadas con esta tarefa foron:
  • Competencia Social e cívica ( Xa que teñen que traballar en grupo,  respectar os seus compañeiros ,poñerse dacordo,  cumprir cunhas normas e axudarse ) 
  • Competencia Dixital (xa que incorporan o uso das apps para elaborar os seus traballos  ) 
  •  Comunicación Lingüística (Teñen que expresarse oralmente para indicar os seus gustos e expresar as súas ideas o grupo) 
  • Conciencia e Expresións culturais (xa que teñen que colorear a súa propia fotografía e montar o proxecto) 
  • Sentido de Iniciativa e espírito emprendedor (xa que teñen que decidir como vai a ser o seu proxecto,que efectos van a incluir, tomar decisións propias) 
  •  Aprender a aprender (xa que deben escoitar as explicacións das apps e logo aprender o seu uso e ensinarllo os demais) 
  • Competencia Matemática ( xa que deben calcular canto tempo debe aparecer unha foto no proxecto, axustar o son as imaxes, etc)
 As actividades propostas para realizar esta tarefa foron:

1.-Cada membro do equipo debía pensar un nome para o seu grupo e escribilo nun folio.
2.-Debían elaborar con imagechef unha nube de ideas con todos os nomes propostos e decidir con cal se quedarían. Este traballo debían gardalo na tablet e envialo o blog da clase.

 É gratuita.

3.-Co nome elixido debían elaborar unha portada para o vídeo de presentación do grupo. Para facela debían usar typic kids onde farían un selfie do grupo.

  É de pago.

4.-Cada un deles debía sacarlle unha foto a outro compañeiro, gravalo presentándose e dicindo os seus gustos.
5.-Pedirlle o representante doutro equipo que lles sacara  unha foto de equipo para facer un cómic con Capdislite. Cada membro logo tiña que incluírse un bocadillo de falar ou de pensar. O responsable do equipo debía gardalo e envialo o blog da clase.

Hai unha versión gratuíta con efectos limitados e outra de pago. Fácil de usar.
6.-Sacarlle unha foto coa aplicación ComicBook ao seu compañeiro para que logo este a importara a BAMBOO onde a podían colorear, escribir como se sentía, gardala e enviala ao blog.


        
6.-Unha vez preparados os ingredientes, debían facer un proxecto en imovie .
 É de pago pero os novos ipad  a traen incluída.

O proxecto debía comezar coa portada do nome do equipo, seguida da nube de ideas,  as fotos e gravacións de cada membro e os cómics de equipo e individuais. Era responsabilidade de cada membro do equipo de incluír as súas imaxes, vídeos, cómics e efectos. Así que todos debían participar nese proxecto de presentación do grupo. Rematarían o proxecto facendo unha contraportada cos seus nomes como autores.
Este é un dos resultados.