6 de marzo de 2015

UNHA ANIMALADA DE PRIMEIRA

Este é o título da tarefa realizada cun grupo de rapaces de primeiro curso do CEIP A Paz (Tintureira).  


O Trailer do proceso de creación do diccionario, realizado coa app iMovie:
Aproveitando que as dúas mestras, a titora e a especialista de inglés,  estábamos a traballar os animais  cos rapaces, decidimos unificar o noso traballo facendo unha actividade conxunta sobre este tema. Desta maneira xurdiu a idea de facer unha tarefa cuxo produto fora un dicionario bilingüe galego-inglés  sobre esta temática, para deixalo coma un recurso mais no ordenador da aula,ou na da biblioteca do centro.
A pouca experiencia persoal  no uso das tablets dentro da aula, xunto co feito de que sería a primeira toma de contacto dos rapaces con estes dispositivos dentro da aula, obrigounos a planificar atentamente cada un dos aspectos  organizativos.
Unha vez que tivemos claro, o que queríamos facer e para que, pensamos na forma de lévalo a cabo, dun xeito no que todo o alumnado participará e interactuara, cooperando se fose necesario.
ORGANIZACIÓN E RECURSOS
Fixemos 6 equipos de 4 /5 persoas e creamos unha yincana con seis estacións de traballo, nas que cada grupo  traballaría en cada unha uns 12 min. pasando logo  a seguinte estación; tres para o uso das TABLETS en equipos (Apps: Lesoon Create, Tellagami e gravación dunha  entrevista  para a suposta  tele do noso centro “teletintureira”; entre cada unha, puxemos estacións para voltar a calma, con traballo máis relaxado, creación de puzles  de animais, elaboración dun guión para a entrevista, e composición dun sobre para gardar os puzles da estación anterior.


Compilamos todo isto nun mapa conceptual con todos os aspectos organizativos que tiñamos que ter en conta o día que  levásemos a cabo a tarefa final (elaboración do produto) cos rapaces, (recursos humanos e materiais, espazos, temporalización, publicación) este sistema axudounos a desenvolver a tarefa na aula dunha maneira organizada e relaxada.

CREACIÓNS
Diccionario creado polo alumnado coa app Tellagami e os seus debuxos, e unido finalmente todo con iMovie:

Diccionario visual creado con Lensoo Create polo alumnado cos seus debuxos.

Traballando Tarefastic coas Tablets, CEIP A PAZ. from Conchy Orellana on Vimeo.

A ficha que empregamos para deseñar a actividade é a seguinte:

Profesores/as implicados/as:
Manuela Fernández Feijóo (especialista inglés)
Conchi Orellana Fernández  (titora1º)
CENTRO CEIP  
A PAZ TINTUREIRA
CURSO E GRUPO
1º curso de primaria
Alumnado (25 alumn@s)
APLICACIÓN/S UTILIZADA/S
Tellagami, Lensoo Create, Imovie

DESEÑO DA ACTIVIDADE
DECISIÓNS CURRICULARES
ACTIVIDADE: descrición (produto e contexto):
Creación dun  dicionario audiovisual  bilingüe con vocabulario dos animais  máis significativos para o alumnado, que teremos no ordenador da aula para consulta do alumnado
Estándar/es de aprendizaxe que se traballan na actividade:
English:
Comprende e respecta as normas que implican a realización dun traballo en grupo.
Expresa oralmente e por escrito os nomes de animais con corrección.
Utiliza os recursos tecnolóxicos dun xeito responsable.
GALEGO:
B4 coñecemento da lingua..  B3 comunicación escrita~ escribir.  B2 comunicación escrita ~ ler.  B1 falar escoitar.
LGqB4.3.1 Recoñece a relación entre son e grafía.
LGB3.6.2 Valora a LINGUA escrita como medio de comunicación e de expresión creativa.
LGB1.3.2 Sigue unha exposición breve da clase ou explicacións sobre a organización do traballo.

Competencia/s prioritarias


CCl,CAA,CD,CSC, CSIEE.
DECISIÓNS DIDÁCTICAS
ROL DO DOCENTE (que ten que facer o profe?)


Controlar que a actividade, realízase en orde e coa maior tranquilidade.
Recordar como se emprega a app, axudar a quen o precise, resolver dúbidas.
ROL DO ALUMNO:
  • Que fai o alumno? (investigar, crear, resumir, …)
Crea o produto, facendo fotos, escribindo, gravando a súa voz e gardando o documento que fixo.
  • Como traballa? (metodoloxía: individual, grupo, equipo colaborativo, cooperativa,…)


 En equipos.
DECISIÓNS TECNOLÓXICAS
TECNOLOXÍA UTILIZADA: (ipad, móbil, pc, miniportátil, …)
Ipad, pc.
APLICACIÓN/S UTILIZADAS:
Leesoon Create, Tellagami. Polas mestras iMovie.
DEFINICIÓN DO USO DAS APLICACIÓNS:
O alumnado fai fotos do seu animal, a recopila na app, escribe, grava o seu nome.
Quén usa  a aplicación?
O alumnado.
Cómo se inicia o seu uso?
Presentamos a aplicación o día previo á actividade na aula, investigando por equipos como funciona, o día da actividade a empregan sós.
Artigo publicado por: Conchi Orellana e Manuela Fernández (Ceip A Paz Tintureira)

No hay comentarios:

Publicar un comentario