27 de junio de 2014

TRABALLANDO COAS TABLETS

Conchi Orellana Fernández, do CEIP CANICOUVA VIGO.

Fai pouco, neste mes de xuño, experimentamos coas tablets, aplicando
este novo recurso para o desenvolvemento das competencias clave...
unha imaxe vale máis que mil palabras!! O podedes comprobar na
visualización dos vídeos expostos no blog, que dicir da cara de
felicidade do alumnado, da súa implicación no seu primer produto coas
tablets, só hai que velo...
Dificultades non tivemos ningunha, simplemente hai que ter ganas de explorar!!
Coas tablets foime doado e moi motivador traballar os obxectivos que
como mestres buscamos: Que participen de forma constructiva nas
situacións de comunicación na aula, localizar e recuperar información
en distintos formatos, utilizar os medios de comunicación social, as
tecnoloxías da información e comunicación para obter, interpretar e
valorar información e opinión diferentes, facer un traballo
cooperativo… tantos!! E sobre todo aprender, motivados.
O Traballo expusémolo para todo o centro dentro do noso proxecto anual
"Vigo, a nosa cidade", a acollida foi boísima non so polo alumnado,
tamén polo profesorado do centro e polas familias do alumnado implicado.
Grazas ao equipo do CFR Vigo implicado, e a o seu curso "
Desenvolvento da competencia nas tic a través da resolución de
tarefas, (coas tablets).

No hay comentarios:

Publicar un comentario