11 de junio de 2014

Reflexión persoal ou valoración do uso da tableta

Son Gabriel Siles González, Profesor de Educación Infantil do CEIP
Pintor Laxeiro.

Este ano fixemos un curso do CEFORE de Vigo sobre as novas tecnoloxías
dous profesores do meu centro. Solicitei unha tablet o CEFORE e neste
último mes usámola na clase pare realizar actividades cos nenos.

A miña opinión sobre o seu uso e moi positiva, os nenos e nenas queren
tocala e xogar e traballar con ela. O principio custa por medo deixar
que eles a manexen de forma vixiada por si cae e rompe polo que
tivemos unha reunión de aula para facer as nosas normas de traballo.

Despois de navegar por internet e ver noutros coles comezamos a baixar
e probar aplicacións tanto educativas coma de xogos( traballamos
letras, números , cores e como estamos a facer o proxecto dos
cabaleiros tamén apps sobre este tema). Dende o primeiro momento ata o
día de hoxe están moi motivados polo traballo con ela, por participar
en pequeno grupo e incluso mostrar os demais as creacións que fan (
fotos, xogos...).

As prestacións son fantasticas moi doadas de conseguir de maneira
gratuita, de organizar para traballar, de motivación...

As dificultades que atopei son claramente na labor do docente, de
buscar aplicacións e baixalas, de probar moitas que non se adaptan a
descripción que aparece na Appstore. A dificultade cos nenos e
simplemente que queren ir todos a xogar con ela e teñen que esperar o
seu turno.

A valoración xeral e tan positiva que o ano que ven o noso centro vai
comprar varias tablets para traballar cos nenos-as de Educación
Infantil e queremos ir incorporándo o traballo con elas nas rutinas da
aula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario